22 Jul
22Jul

O Islam xorde na Península Arábiga no ano 622 e comeza a expandirse a partir dese ano cara a Occidente e cara a Oriente. No ano 711 chega á Península Ibérica polo estreito de Xibraltar e comeza unha nova etapa que durará centos de anos, concretamente ata o século XV, aínda que a súa pegada continuaría moito máis tempo. A historia islámica peninsular ocorreu en Al-Andalus, que chegou a comprender case toda Iberia e que variou entre máis autonomía ou máis dependencia do resto do mundo musulmán, por exemplo do califato de Damasco. No punto de vista económico e social houbo un importante desenvolvemento, que trouxo tamén fortes desigualdades entre clases socias.

Tendo en conta que as relacións entre o mundo musulmán e o mundo occidental son, aínda hoxe, un tema de actualidade, preguntámonos se iso influíu en como se ve ese período histórico. Para iso lemos varios textos de diferentes historiadores e atopamos diferentes visións.

Nunha entrevista de Emilio González Ferrín (2018) exponse que o Islam foi a principal fonte de instauración de coñecementos de orixe grega en Europa e tamén se afirma que estes coñecementos foron traducidos en Al-Andalus, debido a que estaban en grego. Isto supón unha discrepancia entre historiadores. No libro escrito por Sylvain Gouguenheim (2010) exponse que a aportación Islámica a Europa foi nula ou afectou negativamente á Europa Cristiá medieval e á nosa historia. Afirma que todos os coñecementos de orixe grega chegaron non grazas ao Islam, pero que chegaron por outras vías, e que todo foi desenvolvido nun mosteiro francés.

Slavoj Žižek sepárase un pouco dese debate e nun artigo reflexiona que todas as persoas “que fan saír voando miles de vidas” están atentando contra a humanidade. Segundo el, para esas persoas está todo xustificado porque están actuando a favor de Deus, polo que defende a instauración do ateísmo como alternativa en prol da paz e característica da cultura occidental.

Tamén quixemos saber como isto nos afectou a nós en concreto, en Galiza. Ermelindo Portela e María del Carmen Pallares expoñen no seu artigo “Galicia á marxe do Islam. Continuidade das estruturas organizativas no tránsito á Idade Media ”, que Galiza permaneceu á marxe do Islam no sentido de que continuou vivindo aquí a mesma xente que antes e non houbo conversión nin grandes cambios.

Bibliografía

González Ferrín, E. (6 de marzo de 2018). 'Cuando fuimos árabes': La posverdad sobre al-Andalus. El País. Recuperado de: https://elpais.com/elpais/2018/03/04/hechos/1520120370_739370.html

Goughenheim, S. (2010). Aristóteles y el Islam. Las raíces griegas de la Europa cristiana. Madrid: Gredos.

Zizek, S. (2 de xuño de 2010). Defensores da fe. Terra e tempo. Reuperado de: http://www.terraetempo.gal/artigo.php?artigo=546&seccion=13

Portela Silva, E. e Pallares Méndez, MC (1997). Galicia, á marxe do Islam. Continuidade das estruturas organizativas sen tránsito á Idade Media. En Pereira Menaut, G. (coord.), Galicia fai dous mil anos. O feito diferencial Galego (pp. 435-458). Santiago de Compostela: Museo do Pobo Galego.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.
I BUILT MY SITE FOR FREE USING