Para realizar o proxecto utilizamos un cuestionario en liña desenvolto con Google Forms, o cal ten 20 preguntas enfocadas sobre todo cara a opinión persoal acerca de grupos relixiosos. O cuestionario ten dúas variables cuantitativas, idade e nota media na materia de historia, e o resto de preguntas son variables cualitativas. O cuestionario difundiuse mediante unha ligazón por correo electrónico, aos titores e persoal docente e non docente do centro para facer chegar esta enquisa tamén aos alumnos. As respostas foron recollidas nunha folla de cálculo de google para realizar a análise estatística na materia de matemáticas.
A enquisa estivo destinada a toda a comunidade educativa do centro educativo IES República Oriental do Uruguai situado na cidade de Vigo. Debido a que non respondeu a comunidade educativa ao completo, obtívose unha mostra de 235 enquisados escollidos de maneira non aleatoria. Do total anterior prescindíronse dunha serie de respostas que mediante un rigoroso filtrado consideramos non válidas polas súas incongruentes respostas.
A continuación adxuntamos un PDF coas preguntas realizadas na enquisa:
ANÁLISE ESTATÍSTICA
Unha gran maioría dos enquisados (67%) foron de entre 11 e 15 anos, seguidos polas diferentes franxas de idade, pero cunha maioría dos 16 aos 17 anos (21%).
Os xéneros están bastante equilibrados, pero obsérvase unha pequena maioría feminina (58%).
Hai graos semellantes de respostas, xa que entre os alumnos de 1º da ESO e 2º da ESO hai un moi alto porcentaxe de respostas (45%), mentres que os alumnos de 3º da ESO (16%), 4º da ESO (7%), 1º de Bacharelato (6%) e 2º de Bacharelato (16%) teñen unha porcentaxe menor. Responderon unha minoría de docentes e unha moi baixa porcentaxe de non docentes.
Unha moi pronunciada maioría considérase non relixiosa (75%), seguida dun grupo católico (19%) seguidos doutra porcentaxe menor (6%) que inclúe aos agnósticos e as NS/NC.
Predomina sen moita marxe o catolicismo, con máis da metade de respostas (58%), seguido dos non relixiosos cunha boa cantidade de respostas (40%). No 2% restante están incluídos os NS/NC e outras relixións.
Moi equilibrado tamén entre católica e non relixiosa cunha pequena superación non relixiosa (48% fronte a 44%). A porcentaxe restante (8%) son os musulmáns, ortodoxos, protestantes, evanxélicos e xudeus, ademais dos votantes de NS/NC.
Maioría dos non relixiosos clara sobre o catolicismo (56% fronte ao 33%), que son seguidos nunha porcentaxe menor (11%) polos protestantes, agnósticos, evanxélicos, ortodoxos e musulmáns, ademais de NS/NC.
Unha ampla maioría (42%) sitúa as súas notas entre o 7 e o. En menor medida e con porcentaxes similares sitúanse as notas entre 5 e 6 (26%) e as entre 9 e 10 (23%). Na porcentaxe restante situamos os diferentes graos de suspensos (9%).
A opción de nen positiva nen negativa ten unha gran cantidade der respostas (≈50) en todas as opcións de resposta. As categorías positivas son aproximadamente iguais en todos os grupos menos nos musulmáns, onde tamén predominan as actitudes de carácter negativo, o que non ocorre no resto de grupos. A porcentaxe de NS/NC é similar en todos os casos.
Os adxectivos de carácter positivo relaciónanse coa cristianidade menos progreso, que se relaciona co ateísmo. Os adxectivos de carácter negativo son atribuídos ao islamismo e á opción ningunha destas.
Claro predominio, un 85%, que ve interesante o estudo do Islam, mentres que un 15% non o ve interesante.
No caso de respostas positivas relaciónase que o cristianismo atenta aproximadamente nun 60% e tamén relaciónase que o Islam atenta nun 30%. As respostas de carácter negativo está equilibradas e no caso de NS/NC hai un predominio do Islam fronte ao cristianismo.
Unha maioría (36%) responde que a influencia islámica na Península non foi nin negativa nin positiva, seguido polos que opinan que foi positiva (33%), seguidos polo non sei/non contesto (26%), e en porcentaxes máis pequenas responden negativamente (5%).
Unha potente maioría (61%) pensa que tivo menor presencia en Galiza e o resto son pequenas porcentaxes que pensan que tivo a mesma en toda a península (16%), que tivo máis en Galiza (6%), que non tivo ningunha en Galiza (11%) e non sei/non contesto (6%).
As respostas relacionan ao islam en Galiza coma un período rematado e un erro histórico, en menor medida parte do presente e un período que deixou moitas pegadas. Asocian ao Islam na Península a un período que deixou moitas pegadas e no resto das opcións está bastante equilibrado. O cristianismo asóciase con parte do presente e en menor medida no resto das opcións. O non contesto está equilibrado.
Ademais dos que non contestaron a esta pregunta, a maioría non se considera nacionalista, dos que dentro dos que si so consideran e responderon a pregunta, máis do dobre considéranse nacionalistas galegos sobre españois.
Unha terceira parte é de centro. Maioría xeral dos de esquerda, cun ascenso gradual dos enquisados cara as ideoloxías máis esquerdistas. Baixón á hora de referirse ao número un pero ascenso dos máis esquerdistas. Dereita case residual, sen alcanzar o 13% dos enquisados.