20 May
20May

Neste apartado do traballo exporemos as conclusións obtidas durante toda a realización do mesmo, así como o xeito en que cambiou a nosa opinión sobre o Islam. Nalgunhas conclusións aportaremos gráficos para ter unha comprensión máis visual da reflexión exposta.

CONCLUSIÓNS

As dúas persoas que entrevistamos defenden a bondade da outra relixión, e insisten en todo o que teñen en común. Chama a atención que a única diferenza que destacan sexa algo tan pequeno e con pouca relevancia práctica como é o estatus que lle outorgan a Xesús.

Os dous afirman que a maioría dos musulmáns son pacíficos e detestan o terrorismo, o que contrasta coas enquisas, que sinalan como unha parte moi importante dos enquisados relaciona islam con terrorismo. 

Ambos defenden tamén que o cristianismo tamén ten persoas fanáticas e violentas, e que no pasado isto manifestouse nas Cruzadas, na expulsión dos musulmáns, xudeus... da Península no reinado dos Reis Católicos e na Inquisición.  

Por outra banda, grande parte da mostra da enquisa considera que ateísmo é igual a progreso, e nós tamén cremos que unha sociedade na que unha soa relixión non teña un peso demasiado importante nin demasiado poder, permite avanzar mellor e permitir a convivencia de distintas crenzas e aproveitar cousas boas de moitas culturas. 

Nas gráficas pódese observar a asociación dos adxectivos de carácter positivo ao cristianismo e os negativos ao Islam, e no caso das actitudes persoais o cristianismo ten unha gran porcentaxe de respostas de carácter positivo e no Islam de carácter negativo. Cremos que isto contrasta cos entrevistados, que tratan as dúas relixións e ao resto por igual. 

As respostas das enquisas amosan, nunha maioría, que a influencia islámica na Península non é vista con connotacións negativas ou mesmo é vista positivamente, o que concorda coas entrevistas que insisten en que a influencia é boa. No caso de Galiza, na enquisa exponse que o islam tivo menos influencia que no resto da Península, o que contrasta coas entrevistas que expoñen que a influencia é bastante homoxénea.      

CONCLUSIÓNS CON GRÁFICOS

maioría dos enquisados cunha mellor nota de historia teñen unhas opinións máis positivas cara aos integrantes da relixión islámica. Os que teñen unhas notas non tan boas, tenden a valorar mal os musulmáns. Coma é posíbel imaxinarse, as notas medias teñen maioritariamente unha opinión neutra. Isto lévanos a concluír que o estudo da historia axuda a combater os prexuízos e a mellorar a convivencia.   

Os enquisados de ideloxías de dereita teñen opinións máis negativas cara ao islam mentres que os de ideoloxías de esquerda teñen unha opinión máis favorable. O apartado NS/NC ten unha clara maioría de centro.  

porcentaxe de “Non relixiosos” superou claramente a metade nas tres posibilidades de resposta. Independentemente disto, unha elevada porcentaxe de católicos pensan que os musulmáns non atentan contra outras relixións. Algo máis repartido en "Non sabe/Non contesta". E unha porcentaxe principalmente católica en "Si, atentan".  

Os enquisados de esquerda, arredor do 50%, din que o islam non atenta contra outras relixiónsmentres que os enquisados de dereita din, na súa maioría que si que atenta, en torno ao 45%. Os NS/NC con respostas irregulares dende o 10% das respostas ata o 80% situados principalmente no centro. 

Os non relixiosos teñen as respostas arredor dos 65% excepto na franxa dos máis de 60 anos. Os católicos teñen respostas máis irregulares, do 12% ata o 30%, ademáis do 100% na franxa de máis de 60 anos. Os agnóticos mantéñense nunha minoría, en xeral, mentres que os NC só teñen respostas entre os 11 e os 17 anos.  

Maioritariamente, os enquisados máis políticamente de esquerdas, considéranse non relixiosos. Pode observarse que, canto máis convicción relixiosa, máis inclinados cara a dereita tenden a estar. Deducimos disto que a política afecta de diferentes formas a moitos aspectos da sociedade.

CAMBIOS DE OPINIÓN A NIVEL GRUPAL

En xeral, a nosa opinión sobre o islam foi cambiando gradual e significativamente conforme fomos avanzando na investigación. Inicialmente todos tiñamos certos prexuízos cara ao Islam e certo descoñecemento, pero, estamos moi orgullosos e satisfeitos de expresar que, independentemente da incorporación de coñecementos, que foron moitos, pensamos que desapareceron todos os nosos prexuízos. E por que? Como todo nesta vida, precísase coñecer as cousas para poder varolaras, aquí temos a proba. Unha razón máis para reforzar a evidencia. 

Isto non é o principio do fin, é o fin do principio. W. CHURCHILL.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.
I BUILT MY SITE FOR FREE USING